O vinteseis de abril foi a data para un pequeno paseo por Corón da Lista do Cambio, arrancando do campo de futbol de Monte Redondo donde nos encontramos cos candidatos Diego Abal Santos, Javi Rey Díaz, Nardo e José Padín. Xunto co candidato a alcaldia José Juan Durán, o secretario xeral de Renova Vilanova de Arousa Jose Gómez e o tamén candidato Carlos Santos. Visitamos o entorno do colexio de San Roque que precisa dun urxente mantemento asi como percorremos viais con ausencia de sinalización ou sinais en mal estado. Como decía o candidato José Padín, “Corón son moitas zonas e todas importantes e merecedoras de atención. Iso é responsabilidade do goberno local”

Tamén estivemos no lugar da Fontenla en Baión para ver como o novo vial do Camiño Francés non ten saída como tampouco ten entrada en Pontearnelas. Algo difícil de creer o facer carreteras así. Foi “unha idea” do alcalde para tratar de correxir o erro de non ter en moitos anos rematada a carreteira principal, a da Deputación. Ademais o “desviar o tráfico” polo Francés impide a actividade que supón para os núcleos de Baión que percorre o vial provincial recoñecendo o uso que ofrece para os vehiculos agrícolas o citado Camiño Francés.


Deja un comentario