Pavillón municipal de Baión

Logo da presentación da candidatura ante a Xunta Electoral de Zona de Cambados, a Lista do Cambio de RENOVA Vilanova de Arousa co seu candidato á alcaldía, José Juan Durán, estivo o 24 de abril en Baión como primeira parada da viaxe de algo mais de trinta dias cara a trascendental cita do 28 de maio. A parroquia do Umia non foi escollida o chou senon que se fixo como a explicitación do noso compromiso co rural do municipio ante a situación de abandono que padece.

Son duas mil quinientas personas as que residen en András, Baión e Tremoedo, un 25% da poboación de Vilanova de Arousa.

Recentemente, unha subvención de OITOCENTOS MIL EUROS dos fondos europeos NEXT GENERATION se perdeu pola desidia do goberno municipal e que ian destinados a un Pavillón Multiusos tan necesario para Baión, a sua dinamización cultural e os usos e actividades veciñais.

O devandito Pavillón é un símbolo do abandono da parroquia como a inacabada carreteira provincial ou o Camiño Francés que se pretende habilitar como vial alternativa pero… non ten entrada nin saída tanto por Pontearnelas como no entronque na estrada Vilagarcia-Pontevedra como suliñou o candidato Miguel Vazquez e asinteu a sua compañeira de lista María José Losada.

Deja un comentario