MANIFIESTO

Polo cambio en Vilanova de Arousa

En Vilanova de Arousa porque como dí o Himno Galego, “os tempos son chegados”. Estamos, veciñas e veciños, no momento de abrir unha nova etapa na centenaria historia do municipio logo de trinta anos dun goberno con luces pero, tamén, con sombras. Tres décadas baixo o mando do actual alcalde que, desde o respeto que merece, se caracterizaron polo personalismo, moitas doses de tremendismo e o non contar ca xente a hora de dirixir o Concello. Hai xeracions mozas que non coñeceron outro alcalde mais que o actual. Chega o momento do Cambio, si o pobo así o decide, para dar paso a novas personas que encaren os próximos anos de Vilanova de Arousa a vista dos formidables retos que o século XXI supón e hai que reflexionar si se,

RENOVA unha forma de facer política anclada nos usos do século pasado donde todo ten que ser revisado, controlado e ideado ata os mais mínimos detalles i extremos pola figura omnipotente do alcalde e o seu grupo de colaboradores. A liberdade é un dos bens mais prezados das personas así como a igualdade, a diversidade, o respeto e todas esas cousas que

distinguen os cidadans dunha sociedade democrática avanzada. O Concello é, por definición, a Casa de Todos, unha extensión do noso fogar e un lugar común para a solución dos nosos problemas, inquedanzas ou consecución das lexitimas aspiracions.

RENOVA unha forma de gobernar sin planificación, falta de coordinación e carente da necesaria visión de conxunto dun municipio que ten en András, Baión, Caleiro, San Miguel de Deiro, Tremoedo e Vilanova a importantes núcleos de poboación con necesidades en todolos eidos.

Desde os servizos básicos, o mantemento do día a día…

RENOVA un xeito de actuar basado no incumprimento sistemático de compromisos e promesas. Todo anuncios e mais anuncios pero que nunca se fan realidade ( Centro de Día, Talasoterapia, pasarela o Terrón, Multiusos de Baión, Punto Limpo de verdade, a renovación do céspede

artificIal dos campos de fútbol, centro comercial San Miguel….). Un compromiso cos veciños é un contrato que están para ser cumpridos.

RENOVA unha xestión de goberno que esquece, lamentablemente, o medio ambiente e non aposta pola sostibilidade xerando a degradación de espazos a través dos verquidos, talas incontroladas que poñen en risco a pervivencia de pulmons verdes, a proteccion de ecosistemas como as ribeiras do Umia ou enclaves como Lobeira e outros.

RENOVA un estilo de gobernar que xerou unha impresionante débeda que afoga financieiramente a capacidade de maniobra económica do Concello donde o gasto público está desbocado

sempre e, mais aún, en periodos electorais. Un modo de gastar que leva a facer parques infantis donde non hai nenos e nenas e faltan noutros que si viven pequenos.

RENOVA un goberno que vive a expensas da propaganda ( fotos, vídeos, infografías.. ), da política de cartón pedra, de “inaugurar” un expedente expropiatorio ou “poñer a primeira pedra” dun Punto Limpo que non ten fecha de inicio das suas actividades. A propaganda que se come moitisimos miles de euros, pagados polos veciños, para o autobombo e crear un municipio virtual. Cando non hai cartos suficientes para os clubes deportivos ou axudas o estudio ou mantemento non pode gastarse alegremente en propaganda.

RENOVA unha xestion que non frena a pérdida de poboación, sobre todo no rural, nin deseña políticas para os xóvenes tanto nas xeración de oportunidades de traballo como na oferta de ocio. Os xóvenes son o futuro dunha sociedade e a aposta por eles debe ser con convicción e decisión.

E o tempo do Cambio, ti estás chamado a participar como protagonista indiscutible de esa nova era a partires do 28 de maio. O tren da historia de Vilanova pasa pola tua porta nun mes e co teu

apoio RENOVA VILANOVA DE AROUSA.

Vilanova, a 28 de abril de 2023.

Deja un comentario