VISITA Á EFB DE VILANOVA

VISITA DE JOSÉ JUAN DURÁN, candidato a alcaldía por RENOVA VILANOVA, a EFB. Estivo acompañado polos membros da Candidatura do Cambio Irma Gómez e Diego Abal.

Na rolda de encontros con responsables de clubes deportivos estiveron ca Escola de Fútbol Base vilanovesa. Foi unha xuntanza moi positiva e cordial donde se intercambiaron puntos de vista e análisis sobre a realidade do deporte local. O candidato de RENOVA VILANOVA avaliou como “moi proveitosa” a reunión envolta no ambiente futbolero dos adestramentos.

José Juan Durán quixo ter unhas palabras de recoñecimento a todolos dirixentes de clubes pola sua esforzada laboura, os técnicos e xogadoras e xogadores. Mención especial as nais e pais dos deportistas pola sua entrega e adicación para facer realidade as ilusions dos seus fillos.

A Candidatura do Cambio considera unha prioridade a atención e interlocución cos responsables das entidades deportivas pois encadran a moitos mozos e mozas e deben sentir o alento do alcalde e goberno municipal

Deja un comentario