PLAN DE IMPULSO A ZONA RURAL. PLAN 25*.

Dentro do programa de goberno de RENOVA Vilanova de Arousa e como unha das QUINCE MEDIDAS PRIORITÁRIAS figura este plan. O seu ámbito de actuación son as parroquias de András, Baión e Tremoedo. A sua primeira fase será o cuatrienio 2023-2027. De carácter transversal e sectorial prevé actuar naqueles ámbitos donde o abandono é mais grave.

-Servizos básicos.

-Infraestructuras.

-Mantemento.

-Vivenda.

-Cultura.

-Médio ambiente.

-Servizos sociais.

-Deportes.

Ademais como accions concretas as seguintes:

1) Nos primeiros orzamentos que aprobe o goberno municipal de RENOVA VILANOVA se habilitará unha partida específica para acometer este plan. A sua dimension e alcance dependerá da situación das arcas municipais. 

O goberno municipal de RENOVA se dirixirá a Deputación provincial, como administración local superior e a Xunta de Galicia, con competencias na materia a través de consellerias como medio rural ou medio ambiente para o establecemento de accions de cooperación bilateral.

2) A Constitución dunha Comisión de Seguimento das inacabadas concentracions parcelarias de Tremoedo e Baión compostas por representantes da corporación municipal e responsables técnicos na materia da conselleria de medio rural e presidida polo alcalde de Vilanova de Arousa.

3) A formulación de proxectos de desenvolvemento para armonizar o crecimento e reequilibralo entre todalas parroquias. Os citados proxectos serían presentados as correspondientes convocatorias de axudas europeas tanto no NEXT GENERATION como outros.

4) Para a promoción da zona a celebración dunha feira anual, de carácter rotatorio, donde expoñer a realidade agropecuaria, medioambiental, etnográfica, turística ou comercial e industrial.

5) Plan de choque para mellorar o mantemento de infraestructuras e servizos.

6) Finalmente, pero non menos importante, a elaboración dun paquete de accions para a fixación da poboación que, en casos, se interrelaciona con accions xerais de goberno pero noutros deben ter carácter específico.

RENOVA Vilanova de Arousa apostará, desde o primeiro dia do seu goberno, pola zona rural con PRESENCIA, PROPOSTAS E PROGRAMACIÓN, as TRES P do noso compromiso ca área donde vive o vintecinco por cento da poboación do municipio.

*Plan 25 ven pola porcentaxe de poboación que habita as tres parroquias.

Deja un comentario