PROPOSTAS SOBRE DEPORTE

O DEPORTE: MANTEMENTO DAS INSTALACIONS E FOMENTO DA PRÁCTICA DEPORTIVA E VIDA SAUDABLE.

O deterioro das instalacions deportivas de titularidade municipal e moi acusado en xeral e chega a níveis alarmantes nalgún caso. Non falamos só dos campos de fútbol ( mal estado do céspede artificial ) senon tamén dos pavillons ( infrautilizados en moitos casos e con goteras ) ou pequenas pistas deportivas o aire libre. Falta de mantemento que é unha eiva xerada pola habitual inacción do goberno municipal.

RENOVA Vilanova de Arousa propón, no seu Programa de Goberno, o mantemento supramunicipal dos campos de fútbol para así acadar os maiores estándares de calidade na prestación do servizo e un coste o mais axeitado posible. Estamos a falar dun acordo de cooperación con concellos do Salnés e Ulla-Umia para, a través da figura xurídica mais axeitada, sacar un concurso público de mantemento das instalacions, fundamentalmente do céspede pero sin descartar outras cuestions. Dese xeito podense abaratar custes o conformarse un paquete numeroso de campos.

Optimizar o uso de instalacions deportivas debe ser un reto. Desde a concelleria de deportes do goberno de RENOVA VILANOVA, que terá rango de tenencia de alcaldía

a persona titular, se trazará unha serie de ofertas deportivas, de carácter estacional, e na sua plasmación e implicación da veciñanza se pedirá a colaboración de entidades e colectivos para a participación dos asociados.

A medio prazo se elaborará un Libro Blanco do Deporte Local para desde unha perspectiva de conxunto abordar a planificación, coordinación e execución das múltiples disciplinas deportivas tanto de equipo e individuais como as de interior nos pavillons ou as náuticas.

SAUDOS RENOVA VILANOVA DE AROUSA.

Deja un comentario