Hoxe tivo lugar o encontro o que asistiron o vicepatrón segundo Manuel González “Choren” e a candidata número dous de RENOVA VILANOVA, Sonia López, integrante dos órganos de goberno da Confraría A Pastoriza. Tamén asistiu Carlos Santos, número tres da Candidatura do Cambio.
O Patrón Maior, Lino Díaz, e o candidato a alcaldía de RENOVA Vilanova de Arousa intercambiaron opinions e puntos de vista sobre a situación do sector, abordaron temas concretos do día a día e compartiron analises sobre grandes retos.
José Juan ofreceu o seu apoio o responsable do pósito vilanovés, incluindo a sua experiencia como antiguo responsable dos portos autonómicos e o seu coñecimento do mundo das confrarías.
RENOVA VILANOVA quere agradecer o Patrón Maior a deferencia en recibilos i escoitalos o tempo que reafirman a importância do pósito como “primeira empresa de Vilanova” polo número de traballadoras e traballadores do mar que encadra. A fluidez e boa comunicación debe presidir as relacions entre Concello e Confraria camiñando xuntos a prol dos intereses de Vilanova de Arousa.

Deja un comentario