VISITAS AOS CAMPOS DE FÚTBOL

Onte cas visitas a Monte Redondo e As Chans completamos a ronda de encontros cas directivas dos clubes de fútbol do municipio. Tanto co Chispa de Corón como da SD Pontearnelas foron reunions moi agradables e permitiron tomar contacto e afondar nas suas respectivas realidades. Rubén Pazos, Diego Abal, Javi Rey, Diego Santamaría e o candidato a alcaldía José Juan Durán fixeron unha valoración moi positiva das reunions.

A Candidatura do Cambio quere agradecer a todos os representantes dos equipos de fútbol a sua deferencia o recibirnos e cordialidade amosada. Non son tempos sinxelos e a nosa gratitude é maior.

Quedan disciplinas deportivas i entidades por visitar e farémolo.

Agora é o tempo das nosas propostas para o deporte local.

Deja un comentario