O TURISMO, FONTE DE RIQUEZA DESDE A SOSTIBILIDADE
O desenvolvemento turístico de Vilanova de Arousa debe ser canalizado desde a planificación e o diálogo permanente co sector. Nos últimos anos houbo un incremento notable do número de visitantes, logo de diferentes rutas postas en marcha pola Mancomunidade de Municipios do Salnés, pero resulta curioso que non hai datos oficiais do Concello que debería proporcionar a concellería de turismo. Cantas personas visitan Vilanova o longo do ano, forma de chegar, como se aloxan, pernocta media e, tamén, cal é o gasto por persona e día. Xa sabemos que veñen moitos peregrinos e unha maioria “voltan contentos porque levan unha foto co alcalde e o seu concelleiro de turismo..” pero non sabemos os ingresos que recibe o municipio. Nunca houbo unha rolda de prensa para facer balance, con datos obxetivos, de cada campaña turística e o cabo do ano. No Producto Interior Bruto de Vilanova de Arousa cal e a repercusión do turismo e cal debía ser, no seu caso.
O Programa de Goberno 2023/2027 de RENOVA Vilanova de Arousa contempla a redacción dun PLAN EXTRATEXICO DO SECTOR TURÍSTICO como instrumento para planificar, armonizar, desenvolver i executar todo o que ten que ver cos recursos na materia dun concello con moitas potencialidades todavía pouco exploradas. A través de mesas de traballo mixtas de técnicos e representantes do sector turístico local se abordarán cuestions como a sostibilidade, turismo de interior/turismo de costa, a desestacionalización, a fidelización, o papel das TIC’s na xestión turística, formularánse as pertinentes conclusions para trazar as follas de ruta cara a un desenvolvemento racional, xerador de valor engadido e que faga crecer o músculo do sector.
Se contempla a creación dun Consello Local do Turismo como foro de debate e proposta. A sua composición responderá os diferentes subsectores desde a pasaxe os campings pasando polos diferentes modalidades de aloxamento, a restauración, a nautica de recreo, etc.
O turismo medioambiental, o cultural, o de interior, o naútico son modalidades que teñen marxe dabondo para medrar. Os enclaves como Lobeira, O Esteiro, As Aceñas e ribeiras do Umia poden chegar a constituir ofertas turísticas sectoriais. As propostas de turismo cultural deben ser renovadas e adaptadas as vantaxas que ofrecen as novas tecnoloxías. O porto deportivo de Vilanova ten posibilidades de ampliación é de mellorar a prestación de servizos os usuarios fortalecendo ese espazo da oferta turística local. Os ratios que se manejan de ingresos por pernocta das embarcacions o os seus ocupantes son importantes polo seu poder adquisitivo.
A promoción da nautica vilanovesa no conxunto da galega creando sinerxias cas instalacions das Rias Baixas e Costa da Morte son moi interesantes.
En calquer caso, o conxunto da oferta turística local debe ser ampliada, diversificada e contemplada desde unha perspectiva de conxunto. Así o debe facer o plan estratéxico que propoñemos.
SAUDOS RENOVA VILANOVA DE AROUSA.

Deja un comentario