Hoxe á mañán RENOVA Vilanova celebrou o seu mitin na casa da cultura de Baión diante dun nutrido grupo de personas, había moito ambiente e a xente aplaudiu entusiásticamente á candidatura do cambio de RENOVA Vilanova. Miguel Vázquez, concelleiro de Baión, fixo un repaso das moitas carencias da parroquia. Concentración parcelaria inacabada, carretera provincial, treitos de saneamento sen facer, escaso mantemento dos servizos municipais, e débedas históricas como o pavillón deportivo do colexio de Sestelo. Rubén Pazos candidato número 6, falou desde o punto de vista dos deportes, da necesidade de mellora do pavillón deportivo do Castro e o fomento de novas modalidades deportivas. Lembrou os 800000 euros que o goberno do alcalde perdeu nunha subvención para mellorar a citada instalación. Irma Gómez falou da necesidade de crear e mellorar servizos no rural para fixar poboación, e das necesidades da xuventude no medio rural vilsnovés.

José Juan, o candidato á alcaldía puxo de relieve a súa experiencia en diferentes postos para dirixir o concello de Vilanova a partir do 28 de Maio, e suliñou o profundo abandono no que o goberno municipal ten a Baión desde hai moitos anos.

Deja un comentario