“Solo nos facemos propostas e avanzamos proxectos”.
“A do goberno semella a campaña do TODO A CIEN”.
O secretario xeral da formación mais nova das que concorre as municipais en Vilanova amosa a sua sorpresa porque non hai un debate de ideas e modelo de concello. “Os veciños teñen que saber o que plantexa cada forza”, engade.
Ata o de agora xa sabemos que un partido insulta, fai fotos e da comidas de balde todolos días, pagadas por certo polos petos dos veciños. Dos outros pouco se sabe e algún deles semella que non ve a boia. Será certo que hai quen cree que CONTRA O ALCALDE VIVIMOS MELLOR e se empeñan en “botarlle unha man”, como os alfonsistas.
Gómez está moi ledo de como vai a campaña, de menos a mais e recollendo apoios e ánimos constantemente. Leva semanas espertando a conciencia de Cambio e de aquí ata o 28 será imparable. “A xente é consciente do histórico destas eleccions e quere pasar páxina”.
Os nosos equipos, ca Candidatura do Cambio o fronte, percorren as parroquias, reunense con colectivos culturais, ANPAS, deportivos… encontros que se intensificarán nos próximos días porque Vilanova de Arousa é plural, diversa e o seu tecido asociativo moi valioso socialmente falando.
Desde a moderación i espíritu de diálogo seguiremos a desenvolver a campaña do Cambio Tranquilo para abrir un novo tempo en Vilanova despois de trinta anos co mesmo alcalde.

Deja un comentario