PROGRAMA DE GOBERNO RENOVA VILANOVA 2023/2027: O PROXECTO VILANOVA VERDE

RENOVA VILANOVA DE AROUSA agrupa en torno o Proxecto Vilanova Verde unha serie de medidas, iniciativas e propostas co fin de dar pulo as políticas municipais de transición ecolóxica e de loita contra o cambio climático.

Desde a priorizacion ( xa adiantada ) da renovación das vellas redes de saneamento no casco urbán que non contemplan a separación das pluviais e fecais ata a dotación de treitos de sumidoiros, todavia pendentes, nas parroquias.

A aposta polas enerxías renovables nos edificios públicos e o fomento para dotar os privados, paulatinamente, de esos sistemas forma parte do proxecto.

Vilanova Verde impregnará dos seus contidos sostibles o Plan Estratéxico do sector turístico local a elaborar en consenso con ese sector económico e os outros axentes sociais locais. As novas rotas, especialmente polo rural, estarán marcadas pola sostibilidade.

No eido da fiscalidade se estudiarán bonificacions para aquelas personas físicas ou xurídicas que aposten, de xeito decidido, pola sostibilidade como as enerxias renovables ou a utilización de vehículos eléctricos, entre outras cousas.

Anualmente se convocarán uns premios a sostibilidade que, nas suas diferentes categorias, galardoaran a personas, empresas ou entidades que se distingan polo seu compromiso co medio ambiente, a transición ecolóxica e a loita contra o cambio climático.

O Proxecto Vilanova Verde e a primeira iniciativa de ámbito municipal no eido do medio ambiente que actuará como canle de moitas mais desde plantexamentos participativos e carácter aberto.

SAUDOS RENOVA VILANOVA

Deja un comentario