Veciñas e veciños !.
Hai moitos meses empezou a tomar forma un proxecto político, de ámbito municipal, que se propuxo traer o CAMBIO ao noso Concello. Non por capricho senon porque, despois de moitisimos anos, se entendeu necesario que houbera novos proxectos,ideas i equipos.
Na vida, e a política é parte da mesma, se esgotan os gobernos, alcaldes, ministros ou presidentes. É normal. Xa non chega conque un queira seguir e seguir e seguir… ten que haber algo mais detrás de esa ansia por seguir. Un proxecto de futuro para Vilanova de Arousa, as ideas claras para endereitar o rumbo económico do Concello, a templanza para devolverlle a tranquilidade e sosiego a vida política local, reequilibrar o desenvolvemento entre o interior e a costa do noso municipio, que os veciños se sintan protagonistas no mesmo e reciban un trato igual pensen como pensen. Podería seguir poñendo exemplos.
Os promotores de ese proxecto de CAMBIO pensaron en min para encabezalo. Por qué, pois creeron que polo meu coñecemento de Vilanova e as suas parroquias, da administración municipal na que estiven doce anos de tenente alcalde, pola miña experiencia de vinte anos en postos de responsabilidade como a vicepresidencia da Deputación provincial ou a presidencia de Portos de Galicia, dirixindo equipos técnicos e políticos ou tamen, me dixeron, por ter demostrado como se poden conseguir cousas para Vilanova de Arousa. Os primeiros campos de futbol de herba artificial, a mellora da rede viaria provincial e municipal, casas de cultura, parques infantiles,ou melloras das infraestructuras portuarias e tamen o traballo con asociacions ou colectivos, sempre desde o diálogo e a capacidade de interlocucion.
Pensei a proposta que se me fixo, con moito detenimiento, consciente das dificultades, en xeral, que supón a vida política en Vilanova e, no meu caso particular, outras engadidas que, por obvias, non precisan de comentario.
Xunto ca miña familia, tomei a decisión de dar un paso o fronte e poñerme a disposición das veciñas e veciños para botar unha man devolvendo parte do que, xenerosamente, me deron cando empecei en esto da política. Para min, a política so ten sentido si se desenvolve con arreglo a PRINCIPIOS E VALORES.
Quero encabezar o cambio político en Vilanova, desde a moderación e o respeto, como fixen sempre. Si, QUERO SER ALCALDE, si obteño o voso apoio, o domingo. Seria a maior honra da miña vida política e me entregaría a esa función aportando todo o que aprendin durante moitos anos. Non teño mais interese que o xeral, o das veciñas e veciños (as posibles vanidades politicas estan colmadas dabondo). Non viria o Concello para entreterme nin para andar a pelexas con ninguen, nin moitisimo menos mirar de reollo os que non pensen coma eu. Esto non é un xogo de sillons. Sacar adiante un Concello con moitos problemas, que alguns queren agochar, constitue un compromiso de primeiro orden. Fai falla xente nova, de refresco como as mulleres e homes de RENOVA VILANOVA. En este punto quero amosar o meu respeto e consideración polo todavía alcalde e recoñecer os aspectos positivos que houbo na sua longa etapa.
Eu son unha persona previsible e, modestamente, intento facer da seriedade e coherencia unhas señas de identidade personal. Non son de piruetas políticas nin amigo de falar por falar. Cando me embarco nun proxecto, como o de RENOVA VILANOVA, é para ser fiel a uns principios e unha traxectoria de moitos anos. Os bandazos quedan para outros, aqueles a quen o poder transformou ata facelos irrecoñecibles para si mesmos e incluso o cargo se levou por diante a persona.
So necesito unha cousa, o voso apoio, en forma de voto, o próximo domingo a candidatura que encabezo de RENOVA VILANOVA DE AROUSA para ser alcalde. SOLO PODEMOS SELO OU QUEN ESTÁ AGORA OU EU. Que non vos conten contos, non hai ningunha outra posibilidade, repito NINGUNHA OUTRA POSIBILIDADE.
Eu son o candidato do CAMBIO e quero pedirvos, solemnemente, o voto a todos os habitantes de Vilanova de Arousa, pensen como pensen políticamente, porque gobernarei para todos desde o dialogo e o consenso e, por suposto, me esforzarei por contar cun amplo apoio de votantes do Partido Popular que encontraran en min e na proposta que encabezo moderacion, diálogo e respeto, claves de aquel outro proxecto que axudei a crear hai tempo e que pasados uns anos se apartou do seu rumbo orixinal. Hoxe están conmigo unha parte moi importante daquel equipo inicial.
PIDOVOS, humildemente, por Vilanova de Arousa, para xestionar o presente e deseñar o seu futuro, O VOTO PARA SER O ALCALDE DE TODAS E TODOS, abrindo unha nova etapa. Grazas.
José Juan Durán Hermida,

Deja un comentario