PARA REFLEXIONAR ANTES DE VOTAR (3)

▪️12 ANOS DESPOIS SEGUIMOS SEN O CENTRO DE DÍA

Só uns días antes das eleccións municipais de 2011 o actual alcalde, acompañado da Conselleira de Servizos Sociais da Xunta, asegurou: «esperamos que el año que viene (2012) el Centro de Día pueda estar ya en funcionamiento»… «El coste de la construcción correrá a cargo de la Xunta de Galicia y supera los 800.000 euros: 750.000 destinados a la edificación y 90.000 al mobiliario». 12 anos despois dese anuncio Vilanova de Arousa segue sen Centro de Día, do que, por certo, sí disfrutan os veciños de Vilagarcía, Ribadumia, Sanxenxo, ou Cambados.

▪️VILANOVA DE AROUSA TEN A PEOR REDE DE SANEAMENTO DA COMARCA

Numerosos informes técnicos de distintas administracións públicas e da empresa concesionaria veñen alertando dende hai moitos anos do deficiente estado da rede de saneamento, con tuberías de formigón rotas e totalmente obsoletas. Ademais, non existe separación de fecais porque o concello non invertiu nada nos últimos anos na posta a punto e substitución da rede de saneamento, polo que as augas fecais verten sen depurar en zonas de gran riqueza marisqueira e pesqueira, como As Patiñas ou O Castelete (San Miguel de Deiro).

▪️ SEN APENAS COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS POR TRATAR A BASURA DO 40% DA PROVINCIA

Nos próximos meses vai entrar en funcionamento a nova planta de Sogama en Baión, onde vai ser “pretratada, fermentada e madurada” (así o di Sogama) arredor do 40% da basura de toda a provincia (22.000 toneladas anuais). Aos fortes olores que afectarán á parroquia de Baión (e outros lugares de Vilanova de Arousa) haberá que sumar o tránsito diario de centos de camións cargados coa basura da provincia. Frente a estes graves perxuizos, o equipo de goberno de Vilanova de Arousa só foi capaz de xestionar ante Sogama (dependente da Xunta) unha cantidade inferior aos 150.00€ que só servirán para uns asfaltados puntuais en Romarís e Fontenla.

Deja un comentario