A dirección da nosa formación quere avaliar os resultados electorales de onte. Empezaremos por felicitar as veciñas e veciños polo seu habitual comportamento cívico nestas eleccions.
RENOVA VILANOVA considera que obtivo un bo resultado sen que se acadaran os obxectivos marcados. Os seiscentos votos conseguidos que, por pouco, non son dous concelleiros afirman que o proxecto e mensaxe de RENOVA entrou con forza. O 10% dos sufraxios para unha formación de dous meses e medio de existencia é, obxectivamente, un bo resultado. Somos ademais a terceira de catro forzas que concurriron as eleccions e nalgunhas mesas competimos cos partidos tradicionais da oposición vilanovesa.
Fixemos unha campaña electoral marcada pola moderación e austeridade como creemos que corresponde. Cecais esos medios modestos impediran chegar con mais intensidade os electores e tamen é posible que nos faltara algo de tempo para seguir difundindo o noso proxecto. O equipo de campaña e candidatura se volcou derrochando ilusión como foi unanimemente recoñecido.
En canto o resultado global decir que o tsunami electoral acaecido a nivel nacional cun Partido Popular disparado como é sabido, repercuteu moito en Vilanova e nunha pequena formación como a nosa que se veu envolta nunha votación en clave nacional e non solo municipal. Sabíamos, tamén, das especiales dificultades que supón competir electoralmente en Vilanova ante o sistema que encabeza o alcalde en funcions. Só leer os xornais do último mes da boa proba de elo.
O Partido Popular de Vilanova se presentou as eleccions e as gañou e por elo os felicitamos pero o goberno municipal empregou todos os medios o seu alcance, absolutamente todos e mais, para cumprir o seus obxectivos.
Polo demais, aceptamos os resultados como corresponde en boa lid democrática e respetamos que seis de cada dez vilanoveses decidiran seguir apoiando e se sintan moi orgullosos do alcalde que teñen, agora en funcions.

Deja un comentario