SONIA LÓPEZ CERNUDA toma posesión como voceira de RENOVA VILANOVA DE AROUSA

Acadou o 10% dos votos, logo dunha campaña electoral marcada por lamentables episodios de xogo sucio político a cargo do grupo de goberno.

A edila da formación verde prometeu o seu cargo esta mañá na sesión constitutiva da corporación municipal vilanovesa. O remate da mesma, a concelleira non participou no acto protocolario previsto.

O grupo municipal de RENOVA VILANOVA bota a andar no mandato 2023/2027 para, desde a moderación, defender o proxecto presentado en campaña e representar os que lle deron a sua confianza defendendo os intereses xerais das veciñas e veciños.

Deja un comentario